Guillade
Historia, cultura tradicional, persoeiros…
Darío Xosé Vidal Salgueiro
Setembro 19th, 2008 by Xose in Xente de Guillade


Ola a todas e todos!! Son Darío, e nacín o día 7 de setembro do 2008, ás 8:00 horas. Son fillo de Xosé Manuel e de Dorinda. Na liña de meu pai, o meu tataravó materno tamén se chamaba Darío, era coñecido por Darío do Mellado (algo se fala nel na revista de historias de Guillade, publicada por Xosé da Casquilla) e a miña tataravoa foi Regina David (Regina dos Quintos). Os meus bisavós paternos foron Enrique Vidal Rubianes e Rosa Seoane David; os bisavós maternos Francisco Bouzó e Primitiva Barbeito. Os meus avós son Francisco Vidal e Clemencia Bouzó.

Na liña de miña nai, os bisavós paternos foron Eduardo e Victoria, os bisavós maternos José Gonzalo e Hermosinda. Os meus avós son José e Dorinda.

Os meus padriños son Camilo e Paula. Así que espero ter roscas garantizadas por unha chea de anos!!

PODEDES VER PINCHANDO AQUÍ UNHAS CANTAS FOTOS MIÑAS… só dicir que todo foi ben, pesei 3550 kgr e medín 51 cm. E todos os que me coñecen din que saín ben pero que ben feitiño!! Agora o que máis me gusta é chupar teta ata me fartar!  O que menos que me muden o cueiro e que me bañen,  menos mal que ao final do baño pásoo en grande co secador de aire, pois da un calorciño moi agradable.

PRIMEIRO BANQUETE DE DARÍO

O domingo 14 houbo comilona para celebrar o meu nacemento. Houbo invitados de Marín, Arcade, Uma, Guillade… cousas da familia. Eramos 18 persoas, contándome a min e aos meus curmáns Nicolás e Martín. Ía unha calor que asaba pero comemos debaixo das sombrillas. Bueno, comeron os meus invitados, porque eu paseime media tarde durmindo no meu berce, e chegoume con chupar da teta de mamá. O meu avó é un pouco bruto e trouxo comida para dous reximentos (langostinos, empanadas e máis empanadas, brazos de xitano, tartas…). Miña nai tamén fixo unha paella de mariscos e coello. Houbo lambonadas a rebentar. O viño púxoo Antonio da Rañó, o sumiller do club gastronómico. Ao terminar acabaron todos deitados nas tumbonas pois non podían co bandullo.

One Response

Xosé: menuda páxina esta, oe. Parabéns por ela, e polo pequerrecho, tan reboludo na fotografía.
Oe, a ver se me pasas o teu correo-e actual, que no da USC non contestas. Chao…..Fran