Guillade
Historia, cultura tradicional, persoeiros…
Teatro ao aire libre
febreiro 10th, 2009 por Xose en Monumenta histórica

Sentadas em fileira debaixo da cerdeira, na panorámica eira do pazo, cada unha em súa cadeira, as mulheres asistían á monumental zaragata.

Unha velha atrís de Mourigade, empapada em poción máxica, esganhitábase insultando ó barrio d’enfrente, sobre tudo ó personal femenino:

VACAS!! SODES TODAS UNHAS VACAS!!

De ves en cando algunha provocaba á vella, tornando a incendiar os seus ardores rectóricos.

Recordo que unha das argumentacións esgrimidas pola oradora discursante era:

PORCAS, QUÉ CAGADES DENTRO DA CASA!!

Esta acusación chocoume, a anciana senhora aínda non tinha asimilado ben a modernidade dos cuartos de banho; para ela facer as necesidades portas a dentro seguía representando unha verdadeira indecencia.

.

.

Esta anécdota, elaborada por Antonio do Pazo, forma parte dunha extensa colección rescatada das lembranzas da súa nenez, na que volven coller vida os personaxes daquel tempo. Estas pequenas historias podedes atopalas todas xuntas na primeira sección deste blog, titulada PAGES, no apartado MONUMENTA HISTÓRICA (VIA ALTEREA)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Deixa unha resposta