Guillade
Historia, cultura tradicional, persoeiros…

Cada vez que se fala de “tradición popular” soemos pensar en música, contos, bailes…  máis que en deportes e xogos populares. Pois ben, sen moita marxe para o erro podemos afirmar que se nos últimos anos hai algunha tradición popular, encadrada dentro deste último grupo, que xurdíu de novo con folgos renovados como ningunha outra, é o xogo da billarda, ou como se chama na nosa zona: o pateiro.

O seu rexurdimento, débese en boa parte a laboura de diferentes asociacións e colectivos que de forma totalmente desinteresada, e coa complicidade de varios medios dixitais no que a súa difusión se refire (como Dioivo ou Galicia Confidencial entre outros), permitíu levar adiante un circuito deportivo con formato de Liga de Clubes –que se pode seguir no blogue “O Varal”-, que incluso da pé a convocar da cando en vez encontros amistosos con outros combinados da Península e outros lares (como o Ulster).

Foi así, como este pasado sábado 25, recaíron no campo de fútbol de Pardellas por segundo ano consecutivo, unha “cuadrilla” de xogadores bascos do Kolektiboa Itaia, que despois dun pasarrúas polo centro da vila de Ponteareas, ataviados de “zanpantzar”, desputaron pola tarde un encontro do que alí chaman “txirikila” co equipo local, xunto con algún que outro repesentante de terras gaditanas.

Ata o ano que ven, AGUR!!

(As fotos foron facilitadas por Anxo Saborido e o propio K. Itaia a través de Xoán Mouriño)

Os comentarios están pechados.