Guillade
Historia, cultura tradicional, persoeiros…

Flora

Fai pouco máis dun mes falecía en Vigo, a que posiblemente fose a persoa máis vella de Guillade: Flora Costa Candeira, con 102 anos de idade. Xunto a ela, merece ser lembrada tamén María Rosa Glez. Glez. (“Chandoia”), que pese a ser natural da parroquia de S. Pedro de Batalláns (As Neves), e ter falecido fai pouco máis dun ano, coa mesma idade que Flora, gardaba unha estreita relación con Guillade, xa que durante moitos anos traballou de criada de José Rodriguez Montero (na imaxe inferior*), un dos seus máis coñecidos “abades”, falecido a mediados dos 60, así como coidadora de Generosa e Aurora do Cabo.

Tío Abade (2)
No que a Flora se refire, naceu en Viñó, e tras casar con J. Manuel González, veciño da limítrofe parroquia de Oliveira, os seus camiños separáronse por mor da Guerra Civil, xa que él, mestre e republicano comprometido, tivo que fuxir a Chile, tras ter que andar escapado polos montes e camiños. Unha interesantísima historia poderíamos escribir sobre él si atopáramos máis información…

Posteriormente, Flora decidiu emigrar a Lisboa co seu irmán, para anos máis tarde instalarse en Vigo, onde rexentou unha tenda de ultramarinos no Calvario e unha pensión na zona de Churruca, ao pé da estación de tren, ata á súa xubilación.

*Extraída do blogue: “As pedras de Taboexa falan” (www.taboexa.es) (Aproveitamos para facer unha mención especial a este blog da nosa parroquia veciña Taboexa, digno de ser visitado con admiración).

Os comentarios están pechados.