Guillade
Historia, cultura tradicional, persoeiros…

Somos Paisaxe1

O Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela está a desenvolver un “Catálogo da Paisaxe” como unha ferramenta válida para conseguir achegarse ao coñecemento da poboación local sobre o seu territorio, as súas valoracións, preferencias e opinións sobre a paisaxe.

Para tal fin, este programa de participación decidíu dividir o noso territorio nunha dúcea de áreas paisaxísticas , encadrándose o concello de Ponteareas dentro da zona “Costa Sur/Baixo Miño”, tendo lugar o pasado sábado 24 de outubro un obradoiro de traballo ao que asistiron perto de 20 persoas de varios puntos de concellos limítrofes como Salvaterra, Mos, Porriño… Durante as máis de tres horas que durou a actividade, os técnicos/moderadores do proceso dividiron a sesión de traballo en dous grandes obxectivos xerais:

-Que cada participante identificase aquelas zonas, lugares ou elementos do seu entorno (miradoiros, cruceiros, ríos, soutos…) que polos seus valores ou características singulares, considere dignos de figurar na futura elaboración, do xa citado, Catálogo da Paisaxe.

-Sinalar aquelas áreas do territorio que debido ao seu deterioro ambiental, contaminación, verteduras ou agresións de distinta índole, etc, merecen ser rehabilitadas.

O proceso de recollida de suxerencias e achegas, pertence aberto a toda a cidadanía ata o 5 de novembro a través da web: somospaisaxe, dándoselle a todo o mundo que nun pudo participar en ningún dos doce obradoiros repartidos polas catro provincias, a oportunidade de sinalar e indicar cartográficamente os lugares da súa contorna que estime oportuno.

Os comentarios están pechados.