Guillade
Historia, cultura tradicional, persoeiros…
FLORA + MARÍA ROSA = 204 ANOS
Marzo 24th, 2015 by Xose in Memoria histórica,Xente de Guillade Comentarios desactivados en FLORA + MARÍA ROSA = 204 ANOS

Fai pouco máis dun mes falecía en Vigo, a que posiblemente fose a persoa máis vella de Guillade: Flora Costa Candeira, con 102 anos de idade. Xunto a ela, merece ser lembrada tamén María Rosa Glez. Glez. (“Chandoia”), que pese a ser natural da parroquia de S. Pedro de Batalláns (As Neves), e ter falecido […]

Dorinda Iglesias Rodríguez (1914-2014)
Xaneiro 10th, 2015 by Xose in Xente de Guillade Comentarios desactivados en Dorinda Iglesias Rodríguez (1914-2014)

Se de algo teñen fama as mulleres galegas, é de loitadoras e traballadoras, unhas características que podían ser extrapolables a todas as mulleres do mundo, pero que no noso caso, exemplifícase especialmente ben nas nosas mulleres do rural. Pois ben, a finais do recén rematado 2014, Guillade perdeu unha desas mulleres impresionantes; tanto pola súa […]

Guillade queda sen o seu veciño máis lonxevo e centenario: Manuel Carrera
Decembro 20th, 2013 by Xose in Xente de Guillade Comentarios desactivados en Guillade queda sen o seu veciño máis lonxevo e centenario: Manuel Carrera

. Foi unha pequena coincidencia. Fai aproximadamente un mes, na mesma semana en que outro veciño do noso concello, acadaba os 107 anos de idade convertíndose no home máis vello de Galicia, na capital de Portugal finaba o noso guilladense máis lonxevo, do que se teña constancia: D. Manuel Carrera Martínez, fillo de Aquilina Martinez […]

Delmiro e Francisco Candeira
Outubro 3rd, 2010 by Xose in Xente de Guillade Comentarios desactivados en Delmiro e Francisco Candeira

Chegou ás miñas mans un artigo de Rui Cardoso Martins publicado nunha revista portuguesa, a revista Pública o día 6 de xuño de 2010, p.81, co título Frangos, perus, gaivotas e pombas. Neste artigo, o autor recrea de forma literaria datos sobre a historia e o presente desta familia de Guillade, obtidos das charlas con […]

Ola a todas e todos!! Son Darío, e nacín o día 7 de setembro do 2008, ás 8:00 horas. Son fillo de Xosé Manuel e de Dorinda. Na liña de meu pai, o meu tataravó materno tamén se chamaba Darío, era coñecido por Darío do Mellado (algo se fala nel na revista de historias de […]

. Hoxe queremos lembrar dúas persoas que xa nos deixaron e que entrelazaron os seus destinos.  José naceu en decembro de 1945 e Manolo en marzo de 1950.  Os dous faleceron aproximadamente coa mesma idade, 57 anos. Demasiado novos. Ademais da súa condición de curmáns compartiron uns anos das súas vidas na emigración e, xa […]

Enrique Vidal Rubianes era natal da parroquia de Vilacoba, pertencente ó municipio de Salvaterra de Miño. Naceu no ano 1912 e morreu no 1981, con 69 anos de idade. Fillo de carpinteiro seguiu o oficio de seu pai, e foi moi recoñecido e respectado en Guillade e nas parroquias veciñas. Coñeceu a Rosa Seoane David, […]

María Rosa Bouzó Pérez era a miña madriña. Naceu no ano 1911 e faleceu no ano 2006, por tanto andaba nos 93 anos de idade. Foi unha muller enxuta, delgada, seca, sen carnes… pero todo nervio, e de forte carácter. Eu recórdoa ata os seus últimos anos cociñando na súa propia lareira, encendendo o lume […]

O Arrasta: D. José María Giráldez Montero
Xaneiro 1st, 2008 by Xose in Xente de Guillade Comentarios desactivados en O Arrasta: D. José María Giráldez Montero

D. José María Giráldez Montero “O ARRASTA’. O primeiro en ter unha cámara fotográfica en Guillade, resultou ser un gran afeccionado que, contando con laboratorio propio, adicouse a fotografiar as xentes e costumes de Guillade ao longo de moitos anos. Naceu en Guillade en 1890. De novo emigrou a Portugal, onde traballou nunha industria da […]