Guillade
Historia, cultura tradicional, persoeiros…

Benvidos a esta nova sección do blog.  Nela recolleremos algúns dos eventos sociais que acontecen en Guillade, a maioría resultado das tradicións e da memoria do pasado, uns máis fieis aos seus orixes, outros máis adaptados aos novos tempos.

15-11-2008

CUMPREANOS NA CASA DO LEDO

Este fin de semana celebramos o cumpreanos de Xose. Foron 46 anos. E estabamos Dori e Xose, Paula e Camilo, Cris e Nick, Vero e Paco, Antonio, Carlos e Nicolás e Darío. Como é costume nestas ceas… foi comer a fartar, e probar tamén algo de viño. No menú houbo centolos, zorza caseira, sopa de berberechos, paella de mariscos…  e de postre tartas de chocolate e de zanahoria. Como non ía ser menos, a Xose déronlle un montón de regalos, case todos libros.

Imos ver algunhas fotos aquí : (pincha nela para ver o resto)

E SEGUIMOS CO CUMPRE

O domingo tivemos recumpre, cos nosos amigos Tato, Cristian, Jorge, Fani, Lisa e Sandra. As cociñeiras prepararon unha superpizza na cociña, e unha tarta de galletas de chocolate. Estaba todo moi pero que moi bo. E os regalos?